REAPERTURA DE PLAZOS DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Categoría: Secretaría

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.


Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.


b) Novos prazos do proceso:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
Copyright © 2020 Colexio Ferroviario. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.