Visita á xeoloxía da comarca

Categoría: Novas das Act. Ext.

Os alumnos de 3º e 4º de ESO realizaron o pasado martes día 16 unha visita á xeoloxía da comarca, guiada polo xeólogo Eduardo González. 

 

Nesta visita desprazáronse a unha canteira abandonada no Marroxo onde puideron observar pizarras. Logo de visitar a canteira contemplaron o encajonamiento do río Sil e os gneis dende o mirador da Pena do Castelo en Doade.

Á volta, en Ribasaltas, analizaron as arxilas de orixe lacustre que se atopan na vía rápida para, de seguido, desprazarse ata preto do restaurante Parque e observar os sedimentos que o río Cabe depositou no val de Lemos.

Por último subiron ata o Parador en San Vicente para contemplar una vista xeral e o resumo que Eduardo lles ofreceu. 

Copyright © 2020 Colexio Ferroviario. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.